Baile moderno solidario

Eventos
O vindeiro domingo 19 de xuño AGAELA haberá unha sesión solidaria de baile moderno no Barco de Valdeorras, Ourense. A sesión dará comezo ás 11:00 da mañá e durará 1 hora. O punto de encontro será a praza do Concello. A sesión estará dirixida por Nuria da Academia de danza Bayadère e animada musicalmente pola Disco Móbil Iván. Haberá hucha solidaria para todos os que desexen facer un donativo para sumarse á marea de apoio á investigación sobre a ELA.

Colaboradores