Servizos que ofrece ACEM

Asociación

Dende o mes de abril de 2023 contamos cun convenio de colaboración con ACEM, Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.

Tras a sinatura deste convenio, os socios de AGAELA residentes na localidade Compostelá poderán recibir atención de ambas entidades e beneficiarse dos servizos proporcionados por ACEM soamente aboando a cota de socio desta última asociación.

 

 

Entre os servizos que ofrecen destacan:

  • Asesoramento pola área de traballo social
  • Psicoloxía clínica
  • Intervencións de fisioterapia, terapia ocupacional e adestrador persoal
  • Grupos de Axuda Mutua
  • Actividades de lecer e tempo libre adaptadas
  • Asistencia Xurídica
  • Outros programas de colaboración externa: Logopedia, Banco de Produtos de Apoio e transporte adaptado

Máis información na súa páxina web: ACEM

Contacta connosco se é o teu caso, para beneficiarte e acceder aos seus servizos.

Colaboradores