Axudas económicas para o ano 2023 dirixidas a persoas con ELA

Asociación

 

 

A Xunta de Galicia ven de publicar a Orde de axudas económicas para o 2023 destinadas a persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). 

A continuación sintetizamos os puntos máis importantes:  

 

Información xeral da axuda: 

  • Código da axuda BS215A na sede da Xunta de Galicia
  • Oficinas de rexistro para presentación en papel, tamén se pode presentar en calquera Concello galego
  • A axuda pode acadar o 100% dos gastos subvencionables, cun máximo de 12.000€ por persoa beneficiaria.
  • Período subvencionable de gastos: 1 de xaneiro de 2023 e o 8 de decembro de 2023
  • Compatible con outras prestacións e convocatorias públicas
  • Data límite para presentar a documentación xustificativa: 9 de decembro de 2023.
  • Recomendan facer unha solicitude única e unha xustificacion final e única.

Requisitos das persoas beneficiarias: 

  • Ter cumplidos os 18 anos
  • Estar empadroados/as nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Estar diagnosticadas de Esclerose Lateral Amiotrófica
  • Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitada a situación de dependencia
  • En caso de falecemento: só se inclue gasto se a solicitude foi concedida antes do falecemento e cubriría gastos pagados ata a data do falecemento

Gastos subvencionables: 

1. Gastos de inversión:

Poderase solicitar ata o 50% de anticipo do pago 

  • Adquisición de produtos de apoio para a mobilización
  • Adquisición de produtos de apoio, clasificados segundo a Norma ISO 9999:2016:
    • Tratamento médico personalizado
    • Entrenamento e aprendizaxe de capacidades
    • Mobilidade persoal
      • 2ª cadeira de rodas (con certificado médico/a rehabilitador/a)
    • Aseo, coidado e protección persoal
    • Actividades domésticas
    • Mobiliario e adaptacións para vivendas
    • Comunicación e información
      • 2º brazo articulado para lector ocular (con certificado médico/a rehabilitador/a)
    • Manipulación de obxectos e dispositivos
    • Mellora e avaliación do contorno
    • Lecer e recreación
  • Adquisición de produtos de hixiene e aseo persoal
  • Adaptación funcional do fogar e do seu entorno (en vivenda propiedade da persoa con ELA ou con contrato de aluguer ao seu nome). Se a vivenda é propiedade de outra persoa, poderían incluirse gastos de produtos de apoio para a adaptacion, pero non a obra/instalación en si mesma. 
  • Adquisición de vehículo adaptado ou adaptación do mesmo

2. Gastos correntes:

Poderase solicitar ata o 80% de anticipo do pago 

  • Servizos asistenciais complementarios ás prestacións da Seguridade Social ou mutualidades de previsión social prestados á persoa beneficiaria por profesionais habilitados:
    • Fisioterapia manual
    • Fisioterapia respiratoria
    • Terapia ocupacional
    • Logopedia
    • Psicoloxía
    • Asistencia persoal/coidador profesional
      • Coidador profesional: facturas a nome da persoa con ELA
      • Asistente persoal: contrato mediante convenio de empregado/a do fogar 
  • Transporte para a asistencia a tratamentos en centros asistenciais

Gastos que non se incluirían (entre outros):

  • Copagos da lei de dependencia: do servizo de axuda no fogar, de centro de día ou de residencia
  • Centro residencial
  • Mantemento de ascensor
  • Gastos de luz ou correntes da vivenda
  • Gastos de farmacia (medicamentos)

Prazo de solicitude: 

  • Desde o día seguinte da publicación da orde no DOG ata o 30 de novembro de 2023. Recomendamos realizar a solicitude o antes posible porque hai esgotamento de crédito.
  • Deberase indicar unha estimación dos gastos previstos e o concepto ao que se destinará a axuda (en bloques indicados xa no formulario)
  • A resolución de concesión notificarase no prazo máximo dun mes contado desde a entrada da solicitude no rexistro

Documentación a presentar para solicitala: 

  • Solicitude (Anexo I)
  • Documentación acreditativa da representación, se é o caso (modelo da Xunta de Galicia)
  • Certificado ou informe médico oficial onde consta claramente o diagnóstico de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), non serve "ELA probable"
  • O resto de datos consultaranse de oficio pola Administración

Tras a concesión da axuda: 

  • No caso de solicitar pago anticipado, cubrir o Anexo II (non é preciso cubrir “documentación que se presenta”, só o apartado de “solicita o pagamento…”)

 

Accede ao DOG da convocatoria

Colaboradores