Programa respiro familiar 2013 do creer

Eventos
A partir de hoxe 21 de xaneiro abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa de Respiro Familiar 2013 do Centro de Referencia Estatal de Atención a Enfermidades Raras e as súas familias (CREER). Este é un servizo de estancias temporais para as persoas afectadas por unha enfermidade rara, co obxectivo de ofrecer apoio ás familias en tarefas de atención e coidado. A solicitude de participación deberase facer cubrindo o modelo oficial de solicitude de Admisión en Centros do IMSERSO. O prazo de presentación finaliza o 15 de marzo. Máis información: www.creenfermedadesraras.es

Colaboradores