Iª Carreira e andaina solidaria ELA

Eventos

O vindeiro domingo 5 de Xuño terá lugar no Barco de Valdeorras a Iª CARREIRA E ANDAINA POPULAR SOLIDARIA POLA ELA. Esta proba está organizada pola Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) en colaboración co Concello de O Barco, a Delegación F.G.A en Valdeorras e o Clube ADAS-Proinor. O circuito da carreira consta de unha volta de 9.300 mts e ten como hora de saída as 11:00 h. O circuito da andaina consta de unha volta de 7.000 mts e a hora de saída é as 10:30 h. Tanto a saída como a meta estarán situadas na Área Recreativa de O Salgueiral (O Barco). a partir das 10:30 h andaina e 11:00 h. carreira. As inscricións para as carreiras dos cativos Prebenxamíns, Benxamín, Alevíns, Infantil e Cadete, faranse ata 30 minutos antes do inicio das probas, sendo esta inscrición gratuita. A inscrición dos nenos ata 15 anos que participen na andaina tamén será gratuita. O recadado coas inscricións será doado a AGAELA. Para consultar todos os detalles desta proba e realizar a inscrición: [su_button url="http://www.carreirasgalegas.com/carreira/i-carreira-e-andaina-solidaria-e-l-a/b3957331-dab5-e31b-5e19-39d6794be4f3" target="blank" background="#c42def" center="yes" radius="round" icon="icon: pencil-square-o"]Inscríbete aquí[/su_button] ENTREVISTA EN COPE VALDEORRAS con Noa y Amadeo [audio mp3="http://agaela.es/wp-content/uploads/2016/04/CARREIRA-ANDAINA-ELA-O-BARCO-300516.mp3"][/audio]

Colaboradores