Gala Solidaria pola ELA en Tomiño

Eventos

Gala Solidaria pola ELA en Tomiño O próximo Domingo 27 de Outubro ás 17:30 horas terá lugar no Auditorio de Goián no Concello de Tomiño unha Gala Solidaria pola ELA, presentada pola actriz Anabel Budiño. Actuarán o Grupo de Acordeóns Helios, o Coro Passionato, a Escola de Gaitas e Danzas "Virxe do Alivio" e remataremos o evento cun Desfile Solidario.

Donativo: 5€

Se non podes asistir, tamén podes colaborar a través da:

Fila Cero: ES15 2100 5981 0502 0003 9089 (CaixaBank)

Por qué colaborar?

A recadación íntegra do evento irá destinada a mercar produtos de apoio como: camas articuladas e cadeiras de ducha, que facilitan enormemente o día a día e melloran a calidade de vida das persoas afectadas de ELA.

NOTA DE PRENSA

Colaboradores