Día Mundial da ELA 2019 – Cangas do Morrazo móvese pola ELA

Eventos

O próximo 21 de Xuño conmemórase o Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e, desde AGAELA, organizamos para o domingo anterior, 16 de Xuño de 2019, o evento «Cangas do Morrazo móvese pola ELA». Neste evento esperamos contar con todos vós, xa que será unha xornada deportivo-festiva, na que poderedes participar andando, correndo ou nadando, co obxectivo de facer máis visible esta enfermidade neurodexenerativa que afecta actualmente a 4.000 españois e recadar fondos para a nosa entidade, destinados a garantir a mellor calidade de vida dos afectados de ELA galegos. Esta edición será moi especial dada a recente perda do Presidente de AGAELA, Agustín Guimeráns Gallego, afectado de ELA e impulsor deste evento en conmemoración do Día Mundial da ELA na súa localidade.  

Colaboradores