Desafía as barreiras e ponte no meu lugar en Travesía Costa Coruña

Eventos

Desafía as barreiras e ponte no meu lugar

Queremos convidarte a unirte a nós na nosa xornada de sensibilización, enmarcada na Travesía Costa Coruña 2023, sobre a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

Poremos en marcha a acción denominada: "Desafía as barreiras e ponte no meu lugar" co obxectivo de fomentar a empatía, a conciencia e a inclusión das persoas con discapacidade física e, en particular, daquelas que padecen ELA. 

É unha acción composta de diferentes estacións interactivas e actividades que simbolizan a evolución da ELA, na que poderás probar produtos de apoio como cadeiras de rodas, lectores oculares ou taboleiros de comunicación para comprender mellor os desafíos que enfrontan as persoas con ELA na súa vída cotiá. 

¡Únete a nós, desafiando as barreiras, para promover a inclusión!
 Data: 18 de xuño en horario de mañá
 Lugar: Praia de Riazor

 

Tamén poderás colaborar coa adquisición do Gorro de Natación de Agaela ou do poncho de Travesía Costa, presencialmente ou a través da tenda online de Travesía Costa

 

 

Agardámoste!

 

Colaboradores