Charla Positivos Primerizos

Eventos
AGAELA en colaboración co Concello de Ortigueira, organiza o vindeiro 23 de maio de 2015 ás 19:00 no Teatro de Beneficencia do Concello de Ortigueira a charla gratuíta “Positivos primerizos”. Nesta charla o especialista en comunicación positiva e venta emocional, Álex Dobao, ensinará a todos os asistentes técnicas de automotivación e programación en positivo para aprender a utilizar a comunicación en positivo cos demais e con un mesmo. A asistencia á charla é gratuíta pero todos aqueles que queiran facer un donativo ao finalizar a sesión poderán facelo sabendo que todo o recadado nesta xornada será empregado para o fomento da investigación sobre a ELA.

Colaboradores