Carreira solidaria pola ELA

Eventos

O vindeiro sábado 13 de agosto AGAELA, en colaboración co Concello de Ortigueira, organiza una carreira e andaina solidarias a prol dos afectados de ELA. Pola mañá ás 13:30 poderán recollerse os dorsais na Alameda de Ortigueira ao tempo que escoitamos a charla de Carlos García Espada, afectado de ELA que nos deixará unha mensaxe positiva e de esperanza. Pola tarde, haberá un posto solidario no que se poderán mercar camisetas, pulseiras, etc, para apoiar a labro da nosa asociación. Os intersados poden participar en modalidade andaina (5km) ou carreira de 5 ou 10 km. Ao finalizar teremos a colaboración dos masaxistas de fisioterapia Marém que axudarán a que os esforzados deportistas regresen a casa sen ningunha contractura. Inscricións na web de Prueba-T.

Colaboradores