Concerto solidario de Manu Escudero

Eventos

O vindeiro 21 de maio de 2016 terá lugar en Vigo un concerto de Manu Escudero con fins benéficos no que novamente está implicada AGAELA. "Caminando" é o segundo traballo discográfico do cantautor vigués Manu Escudero. Un disco no que, como ben di o título, convídanos a non ficar parados, a seguir camiñando nun mundo no que queda moito por cambiar. As doce cancións que compoñen o traballo, falannos de diversas realidades actuais, de experiencias persoais e convídannos a mirar o mundo con outros ollos. Asemade, coa canción "Algo raro se mueve", incluída no cd, e por encargo da asociación "Moviendo el mundo", quixo sumarse á celebración do ano mundial das enfermidades raras, dedicando esta canción, de xeito moi especial, ás Asociación Galega de Fibrose Quística e á Asociación AdELA. En liña co seu espíritu de cambio e colaboración, a metade dos beneficios que se recaden coa presentación desde novo disco no seu concerto de Vigo serán doados a AGAELA. As entradas para o concerto están á venda aquí.

Colaboradores