Xornada formativa: "Avanzando na ELA - Novas perspectivas de investigación"

Asociación

 

Con motivo do Día Mundial da ELA, que se conmemora cada 21 de xuño, a Fundación San Rafael e Agaela uniron esforzos para organizar unha xornada que pretende ofrecer unha formación integral e coordinada a profesionais, pacientes e familiares.

Baseándose na evidencia científica e na calidade da atención nos procesos da ELA, esta conferencia abordará cuestións cruciais que van desde a investigación da ELA ata iniciativas de vangarda.

"Avanzando na ELA: Novas perspectivas de investigación" 

Data: mércores 21 de xuño de 2023
Hora: De 09:30 a 18:30
Lugar: Sede Afundación. Cantón Grande, 8 - A Coruña

 

 

A inscrición na xornada é gratuíta e estará aberta a partir do 8 de xuño. Para obter máis información sobre o evento e inscribirse:

 

Colaboradores