Visita ao Acuario de Coruña

Artigos
Grazas ao apoio da Fundación Telefónica e á colaboración da asociación de afectados ADELA de Madrid, o vindeiro 11 de outubro AGAELA organiza unha saída recreativa en A Coruña. A saída pretende ser un día para a convivencia entre afectados, familias e voluntarios para pasar unha xornada diferente lonxe da rutina medicalizada diaria. O programa da xornada é o seguinte: 11:30 = Quedada no punto de encontro: entrada do acuario FInisterrae. 12:00 = Comezo da visita ao acuario. 14:30 = Xantar no restaurante do acuario: http://www.restaurantedelacuario.com/ 16:30 = Saída a pé cara á Domus. (ata a Domus chégase tamén cos coches, pero os que se poidan desprazar andando ou coa cadeira de rodas, son só 5-10 minutos de traxecto) 17:00 =Inicio da visita á Domus. 18:00 = Proxección en 3D Magnavisión. 19:00 = Despedida do grupo e peche da xornada. A activiade non ten custe e cada afectado poderá vir acompañado dun voluntario ou familiar. A maiores, a Fundación Telefónica asignará un voluntario a cada asistente para facilitar a visita e lograr que sexa unha verdadeira xornada de relax para todos. O acuario Finisterrae conta con cuartos de baño adaptados e o acceso a todo o recinto está habilitado para as cadeiras de rodas. O restaurante e a Domus son tamén accesibles. Se pertences a AGAELA e estás interesado en participar nesta actividade, envíanos un correo a info@agaela.es A data límite para inscribirse é o 3 de outubro.

Colaboradores