Tras la ELA en Vela: Desafío Cabo Finisterre

Artigos

O 26 de maio arrancará desde Bilbao e con destino Galicia “Tras a ELA en Vela: Desafío Cabo Fisterra” un proxecto ilusionante, un reto persoal e humano que ten como obxectivo visualizar unha das enfermidades neurolóxicas máis graves que existen: a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), unha enfermidade incurable que padecen unas 4.000 persoas en España. Iñaki Elorriaga, un home de 71 anos afectado pola antedita enfermidade pero cunha ilusión intacta, é o principal protagonista desta iniciativa. O seu espírito de loita e superación levaralle a realizar unha travesía marítima en veleiro ata Cabo Fisterra, un dos puntos xeográficos máis emblemáticos en Galicia, con parada en varias escalas á volta, para poñer de manifesto a existencia desta enfermidade, concienciar á xente sobre a importancia de apoiar a investigación médica e farmacéutica, así como para os tratamentos paliativos que tan necesarios resultan para as persoas afectadas. Para facer realidade este proxecto, conta coa colaboración dun equipo humano que fará posible a aventura desta viaxe, na que a loita por dar a coñecer a enfermidade únese a valores como a atención medioambiental ao mar e a música como lazo de unión. Patroneará a embarcación o portugalujo Unai Basurko, mariñeiro profesional e amante da navegación a vela. Participou en regatas, algunhas de talla mundial, como as voltas ao Mundo en solitario, “Velux 5 Oceans” ou a mítica Vendée Globe, e dirixiu expedicións a Groenlandia, Terranova, o Cabo Norte e a Península Antártica. Xunto a eles irá tamén Kepa Junkera, músico, compositor e produtor, artífice dunha fusión de sons tradicionais de orixes moi diversos que revolucionou o panorama musical das Músicas do Mundo e que se amosou en escenarios dos cinco continentes con grande éxito, abrindo así as vías a unha aventura musical. Todos comparten un espírito aventureiro indispensable para embarcarse nesta iniciativa que, partindo de Bilbao e tras a súa chegada a Fisterra, regresará facendo escala en Muros, A Coruña, Avilés, Santander, de novo Bilbao e, finalmente, San Sebastián. En todas elas, os tripulantes levarán a cabo diversas accións de difusión do proxecto (charlas, encontros con enfermos, etc.) dirixidas a visibilizar a enfermidade e concienciar ao público sobre a necesidade de investigación, entre outros aspectos. O proxecto conta co respaldo de ADELA – Euskal Herria e a Fundación Francisco Luzón, que desenvolven unha indispensable labor para dar voz ás persoas afectadas de ELA e conseguir apoio en diferentes eidos para mellorar a súa calidade de vida e fomentar a labor de investigación, entre outros aspectos. Ademais, as actividades que se leven a cabo nas escalas do viaxe de volta, contarán coa colaboración das diversas asociacións e colectivos pro-enfermos de ELA de Galicia (AGAELA), Asturias (ELA Principado) e Cantabria (CanELA). Trátase pois, dun proxecto de colaboración integrador, que non só busca concienciar á sociedade, se non que aglutina o esforzo dos colectivos que traballan a diario para mellorar a vida das persoas afectadas.

Colaboradores