Bono Taxi Santiago de Compostela

Artigos

Ven de publicarse no BOG a convocatoria pola que se outorgan axudas individuais para o uso de taxi como medio alterantivo para persoas con difiultade de mobilidade e outras. 

Persoas beneficiarias:

En liñas xerais, poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas empadroadas e residente no Concello de Santiago de Compostela, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  • Que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, impedíndolles ou dificultándolles gravemente a utilización dos transportes públicos colectivos.
  • As persoas que teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75 %.
  • As persoas sometidas a tratamentos periódicos, administrados desde calquera centro hospitalario da cidade, que acrediten mediante informe médico as dificultades ou a non conveniencia de condución de vehículos e de uso do transporte público.
  • Persoas con discapacidade, residentes no entorno rural deste termo municipal, polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.
  • Persoas residentes no entorno rural que, afectadas por unha determinada enfermidade, acrediten mediante informe médico que non están autorizadas a conducir, dadas as limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.
  • Persoas maiores, residentes no entorno rural deste termo municipal, polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou acceso ás liñas de transporte público, e, persoas maiores residentes no entorno rural deste termo municipal pola carencia de liñas de transporte público, que non dispoñan de vehículo particular.

As persoas potencialmente beneficiarias destas axudas non poden estar comprendidas en ningunha das prohibicións para ser beneficiarias de subvencións previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuantía:

A contía repartirase entre as persoas usuarias segundo o tramo de ingresos e de acordo co establecido no seguinte: 

  • Ata un límite de ingresos do 150 % do IPREM anual: cantidade máxima de 350 €, pago único.
  • Máis do 150 % e ata o 250 % do IPREM anual como límite de ingresos: cantidade máxima de 250 €, pago único.
  • Máis do 250 % e ata o 300 % do IPREM anual como límite de ingresos: cantidade máxima de 150 €, pago único.


Se polo número de solicitudes que reúnan os requisitos, a cantidade que correspondería a todas as persoas solicitantes superase a cantidade consignada nos orzamentos para esta finalidade, a adxudicación da axuda individual farase dando prioridade en primeiro lugar ás persoas solicitantes que teñan menos ingresos.

Prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (7/05/2025). É dicir, o prazo rematará o vindeiro mércores 21 de maio de 2025. 

 

Tendes máis información da páxina web do Concello de Santiago.

 

 

Colaboradores