Se non podes vivir a túa vida, véndea.

Eventos Asociación

Con motivo do Día Mundial da ELA, que se celebra o próximo 21 de xuño, a Asociación AGAELA xunto coa Fundación Francisco Luzón e as outras entidades membro da Comunidade Nacional da ELA, lanzan #wELApop.

Esta iniciativa quere sensibilizar á poboación sobre esta enfermidade e solicitar ás Administracións Públicas que garantan a axuda que as persoas afectadas pola ELA precisan.

wELApop é unha plataforma ficticia na que as persoas que sofren ELA venden todo o que teñen para poder facer fronte aos custos de padecer esta enfermidade.

Con esta acción preténdese impulsar unha recollida de firmas para unir esforzos na solicitude ás Administracións Públicas para garantir que todas as persoas afectadas por ELA reciban as axudas que precisan para mellorar a súa calidade de vida.

Firma a Petición

Colaboradores