Reto Día Mundial da ELA

Artigos
O 21 de xuño de 2014 celébrase o día mundial da ELA. Dende AGAELA queremos visibilizar ante a sociedade a durísima situación na que se atopan os afectados por esta enfermidade. Por iso organizamos o reto: “Móvete pola ELA 2014 – 12 horas de carreira non-stop”. Dende as 8 da mañá e ata as 8 da tarde, corredores solidarios recorrerán as rúas da vila de Ortigueira para conseguir formar unha cadea ininterrompida de 12 horas correndo. A xornada contará coa colaboración dos Rebentafoles que poñerán a animación musical e para os máis pequenos, Mundo Diversión poñerá á súa disposición un castelo hinchable, pintacaras e globoflexia. Como colofón da xornada, haberá unha chocolatada patrocinada pola Asociación de Comerciantes de Ortigueira. Dende aquí, queremos manifestar o noso agradecemento a todos os colaboradores: Concello de Ortigueira e Protección Civil, Gadis, Mundo Diversión, Os Rebentafoles e Pasquino Comunicación, por se ter implicado neste reto. Se te queres sumar a este reto, achégate á web que vimos de preparar para informarte de todo: http://diaela.agaela.es Lémbrate, tes unha cita o vindeiro 21 de xuño de 2014, dende as 8 da mañá ata as 8 da noite en Ortigueira, A Coruña.

Colaboradores