Reformas Solidarias para persoas con movilidade reducida

Asociación
  A constructora viguesa Lapatian levou a cabo durante o ano 2017 o proxecto “Reformas Solidarias” que ten como principal obxectivo a adaptación funcional e a eliminación das barreiras arquitectónicas que dificultan o día a día de persoas con movilidade reducida e que ademáis carecen de medios económica. O pasado ano realizaron cinco adaptacións do fogar a familias socias de ASEM Galicia e APAMP na provincia de Pontevedra a custo cero. Aquí podedes acceder a máis información sobre as reformas realizadas: Reformas Solidarias 2017 Durante o 2018 o proxecto seguirá en marcha e o obxectivo é extender o proxecto a toda a comunidade autónoma galega e aumentar o número de beneficiaros, feito que posibilita que AGAELA forme parte deste proxecto e se abra a convocatoria de solicitudes para os nosos socios. Para acollerse a esta convocatoria é preciso cumprir os seguintes requisitos:
  • Ter diagnosticada Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA)
  • Solicitar a AGAELA a inclusión neste servizo segundo o formulario de solicitude.
  • Residir na comunidade autónoma de Galicia.
  • Ser propietario da vivenda na que se realizará a obra ou, no caso de aluguer, contar coa autorización por escrito do propietario e o compromiso de ambos (inquilino e propietario) de permanecer na vivenda ao menos un ano.
No caso de ter máis solicitantes que prazas dispoñibles teránse en conta os seguintes criterios de selección:
  • Nivel de ingresos da unidade familiar
  • Condicións sociosanitarias: grao de discapacidade, dependencia…
  • Número de residentes na vivenda
prazo de solicitude está aberto dende o mércores 17 ata o xoves 25 de xaneiro de 2018. Debedes remitir o formulario de solicitude normalizado ao correo: info@agaela.es 

Colaboradores