Programa de rehabilitación fisioterapéutica en ELA

Asociación

 

Grazas á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, durante o ano 2021, AGAELA puido ofrecer aos seus usuarios con ELA un programa de rehabilitación fisioterapéutica.

O programa consistía na realización dun copago por importe de 15€ por cada sesión semanal de fisioterapia recibida desde o 1 de febreiro ata o 30 de outubro de 2021.

A Consellería de Sanidade, por medio das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario no ano 2021 (Código SA803A) concedeu á Asociación AGAELA a cantidade de 8.542,61 €.

Colaboradores