Programa de orientación, apoio e asesoramento a persoas afectadas de ELA, coidadores e familiares

Asociación

A Deputación da Coruña, por medio da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2019 (FOCVAA), permítenos mellorar o programa de:

Orientación apoio e asesoramento a persoas afectadas de ELA, coidadores e familiares

O obxectivo deste programa é mellorala calidade de vida das persoas afectadas de Esclerose Lateral Amiotrófica ofrecendo un servizo de orientación, apoio e asesoramento aos usuarios, aos seus coidadores e familiares.

Para iso establecéronse os seguintes obxectivos específicos:

  • Asesorar sobre as necesidades vinculadas ás diferentes fases da enfermidade e dar acceso aos recursos público/privados dispoñibles.
  • Manter o mellor grao de autonomía persoal posible e diminuír a dependencia dunha terceira persoa.
  • Diminuír a sobrecarga do coidador principal.
  • Dar soporte e apoio aos familiares e coidadores no proceso de evolución da enfermidade.

As tarefas a realizar enmarcadas no proxecto foron as seguintes:

  • Valoración inicial de necesidades dos usuarios
  • Orientación sobre o proceso da ELA
  • Asesoramento sobre trámites sociais
  • Asesoramento sobre o uso e adquisición de produtos de apoio
  • Asesoramento sobre accesibilidade e adaptación do fogar
  • Orientación no uso de dispositivos de apoio para a comunicación
  • Asesoramento sobre hixiene postural e técnicas de conservación da enerxía na realización de mobilizacións e transferencias
  • Apoio psico-emocional e escoita activa
  • Reavaliación e seguimento individualizado das necesidades

A Deputación da Coruña condeceu á Asociación AGAELA a cantidade de 5.102,54€ para financiar o 80% do programa de orientación, apoio e asesoramento a persoas afectadas de ELA, coidadores e familiares.

Colaboradores