Programa de información, apoio e asesoramento a persoas con ELA de Pontevedra 

Asociación


A Deputación de Pontevedra, por medio da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2023, permítenos proporcionar o servizo de:

Información, apoio e asesoramento a persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica, coidadoras e familiares, da provincia de Pontevedra


obxectivo deste programa é mellorala calidade de vida das persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica ofrecendo un servizo de información, apoio e asesoramento ás persoas usuarias, aos seus coidadores e familiares.

Para iso establecéronse os seguintes obxectivos específicos:

  • Asesorar sobre as necesidades vinculadas ás diferentes fases da enfermidade e dar acceso aos recursos público/privados dispoñibles. 
  • Manter o mellor grao de autonomía persoal posible e diminuír a dependencia dunha terceira persoa. 
  • Diminuír a sobrecarga do coidador principal. 
  • Dar soporte e apoio aos familiares e coidadores no proceso de evolución da enfermidade. 
  • Garantir a continuidade e seguimento do programa cos adecuados criterios de calidade.


As tarefas a realizar enmarcadas no proxecto foron as seguintes:

  1. Valoración inicial de necesidades dos usuarios
  2. Orientación sobre o proceso da ELA
  3. Asesoramento sobre trámites sociais
  4. Asesoramento sobre o uso e adquisición de produtos de apoio
  5. Asesoramento sobre accesibilidade e adaptación do fogar
  6. Orientación no uso de dispositivos de apoio para a comunicación
  7. Asesoramento sobre hixiene postural e técnicas de conservación da enerxía na realización de mobilizacións e transferencias
  8. Apoio psico-emocional e escoita activa para fomentar a descarga do coidador
  9. Reavaliación e seguimento individualizado das necesidades

A Deputación da Pontevedra condeceu á Asociación Agaela a cantidade de 4.127,00€ para financiar parte do programa de información, apoio e asesoramento a persoas afectadas de ELA de Pontevedra.

Colaboradores