Obra Social La Caixa colabora cos fins de Agaela

Asociación

O pasado 27 de febreiro Obra Social La Caixa fixo entrega dunha aportación de 4.848€ para apoiar o mantemento do Banco de Produtos de Apoio da Asociación Agaela.

A través do Banco de Produtos de Apoio podemos ofrecer aos asociados de Agaela, afectados de ELA e aos seus coidadores, produtos de apoio que melloran a súa calidade de vida e diminúen a sobrecarga do coidador principal, produtos tales como: camas articuladas, grúas de traslado, cadeiras de ducha, entre outros.

Dadas as necesidades actuais da entidade, era preciso incorporar ao Banco de Produtos de Apoio de Agaela dúas camas articuladas e tres grúas de traslado, que se enviarán directamente ao domicilio de usuarios afectados de ELA, en concepto de préstamo, para fomentar a súa autonomía e proporcionarlles benestar.

Con esta colaboración pretendemos incrementar o número de produtos de apoio dispoñibles no Banco de Produtos de Apoio e, á súa vez, evitar consumir os recursos económicos dos usuarios na adquisición dos produtos de apoio necesarios para a mellora da súa calidade de vida.

Colaboradores