O Sergas xa ten en vigor a instrución para proporcionar lectores oculares aos enfermos de ELA e outros trastornos neuromotores

Asociación

 Un gran paso... 

 O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníase na mañá de onte con membros de AGAELA e da Fundación Francisco Luzón para comunicarnos que xa se poden facer efectivas as prestacións de  lectores oculares  a pacientes de ELA.

 Trátase dun gran paso para facilitar a comunicación dos nosos usuarios, a súa autonomía persoal e independencia, mantendo a súa capacidade de decisión en todas as fases da enfermidade.

 Será cada área sanitaria a que xestionará a centralización das demandas asistenciais que precisen ser atendidas.

Máis información

Colaboradores