Madrid, Cáceres e Oviedo terán centros públicos residenciais para a ELA

Artigos

O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 asinou o 29 de decembro de 2023 un convenio co goberno do Principado de Asturias e coa Xunta de Extremadura, para poñer en marcha os dous primeiros centros públicos de España para atención a persoas con ELA en Oviedo e Cáceres.

É a primeira iniciativa deste tipo na Unión Europea.

Máis información

 

Cáceres

Contará con un centro público de coidados integrais que abrirá as súas portas en xuñó de 2026. A Cidade construirá este centro na terciera planta da residencia de maiores Cervantes, cun investimento de 2,6 millóns de euros, cofinanciado entre o Ministerio de Dereitos Sociais ( 2 millóns para a súa construción) e a Junta de Extremadura (600.000 euros para o equipamento)

 

Madrid

O primeiro centro público residencial do mundo dedicado exclusivamente á ELA, foi anunciado polo goberno da Comunidade de Madrid, o día 9 de febreiro de 2023. O centro estará situado na antiga clínica de Puerta de Hierro, no barrio de Mirasierra, na capital, e terá uns 12.000 metros cadrados.


O Ministerio sinala que a posta en marcha destas unidades é froito do consenso coas organizacións, ConELA, que representan ás persoas con ELA e ás súas familias, para responder á demanda histórica deste colectivo.

Colaboradores