A Garda Civil de Pontevedra organiza o vindeiro 9 de novembro a ruta solidaria “Kilómetros pola ELA”, un evento deportivo e benéfico co obxectivo de apoiar a loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Todo o recadado será doado integramente a AgaELA, Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica.
A marcha, de 14 kilómetros e de dificultade moderada, partirá ás 10:00 h do Paseo Marítimo de Arcade, tras un almorzo ás 9:00 h para coller forzas. O percorrido seguirá o histórico Pontesampaio, escenario dunha batalla clave en 1809, e continuará pola antiga Vía Romana XIX, incluíndo tramos empedrados como a “Abrea Vella da Canicouva”.
Durante a ruta, os participantes poderán gozar de fermosos treitos entre bosques de piñeiros, sendas xunto ao esteiro e lugares cheos de historia e beleza, como a Capela de Santa Marta, onde se poderá selar a credencial. O camiño continuará polas emblemáticas rúas Gorgullón e Virxe do Camiño, ata chegar á Praza da Peregrina de Pontevedra, arredor das 14:00 h, onde rematará a xornada.
Para que todas as persoas poidan participar, o evento contará con dúas opcións máis adaptadas a diferentes niveis e condicións:
- Percorrido intermedio de 4,5km dende a Capela de Santa Marta en Ganderon ata Pontevedra con saída prevista para as 11:00h (aproximadamente).
- Percorrido curto de 50 metros dende a Rúa Daniel de la Sota Valdecilla ata a Praza da Peregrina de Pontevedra con saída prevista para as 13:00h (aproximadamente). Será un percorrido simbólico para que as persoas que así o desexen poidan acompañar ás persoas participantes na chegada á meta, compartindo con todas elas ese momento de soldiaridade e emoción.
Inclúe camiseta técnica, bolsa/mochila con avituallamento en Canicouva e servizo de autobuses lanzadeira dende Pontevedra ata Arcade.
IMPORTANTE: para poder validar a túa inscripción, é necesario que realices o pago da mesma na seguinte plataforma
As inscricións estarán abertas ata o día 2 de novembro.
Ademáis, o traslado dende Pontevedra ata o punto de saída, contará con servizo de autobuses que sairá ás 8:10h ou ás 8:50h dende a marquesina fronte á Estación de autobuses de Pontevedra e para o que é preciso que se reserve praza (totalmente gratuita) no seguinte formulario
Tamén se contará con transporte adaptado gratuito. Se precisades facer uso deste servizo, rogamos que nolo comuniquedes a través do correo electrónico info@agaela.es para poder organizar correctamente a loxística e garantir a mellor atención posible para todas as persoas participantes.
Recollida bolsa do participante
O venres 7 e o sábado 8 de novembro poderedes recoller a vosa bolsa coa camiseta na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra (P.º Domingo Fontán, 6, 36005 Pontevedra) en horario de 10:30h a 20:30h.
Excepcionalmente, as persoas que non sexan da provincia de Pontevedra, poderán recoller a bolsa o propio domingo día 9 de novembro dende as 8:30h ata as 9:30h no Peirao de Arcade antes da saída da andaina.
Esta ruta é unha magnífica oportunidade para unir deporte, natureza e solidariedade, contribuíndo directamente a mellorar a vida das persoas afectadas pola ELA e das súas familias.
Se non podes unirte ao evento, ¡tamén podes sumar os teus kilómetros solidarios! A través da Fila 0 podes colaborar con nós realizando unha aportación coa cantidade que desexes. Cada donativo conta e acércanos un pouco máis a mellorar a calidade de vida das persoas con ELA e as súas familias.
Anímate a participar e percorre con nós “Kilómetros pola ELA: dende Arcade ata Pontevedra”.
Cada paso conta. Cada kilómetro suma esperanza.




























