#LuzporlaELA no Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica

Artigos

O próximo día 21 de Xuño é o Día Mundial da ELA, por iso, todas as asociacións de pacientes de ELA de España estamos traballando para conseguir iluminar os monumentos, concellos e lugares emblemáticos de todo o territorio nacional de cor verde. O obxectivo da nosa acción é visibilizar a ELA, enfermidade neurodexenerativa que afecta actualmente a 4.000 persoas en España.  A continuación vos deixamos os puntos de Galicia que se iluminarán de cor verde o próximo 21 de Xuño polo Día Mundial da ELA:

  • Deputación da Coruña
  • Deputación de Pontevedra
  • A Coruña - Torre de Hércules e Fonte de Catro Camiños
  • Santiago de Compostela - Pazo de Raxoi e Cidade da Cultura de Galicia
  • Cambre - Fonte do Paraugas e Iglesia de Santa María
  • Cangas - Casa do Concello e Frigoríficos Morrazo S.A.
  • Monforte de Lemos - Torre del Homenaje
  • Concello de O Barco de Valdeorras
  • Concello Ferrol
  • Concello de Muros
  • Concello de Fabero
  • Concello de Pontevedra
  • Ourense - Ponte Romana
  • Vigo - Fuentes de Aragón
Como colofón ao Día Mundial, o primeiro sábado do verán que se ilumina a Cascada do Ézaro (Concello de Dumbría), será de cor verde, pola ELA, esto será o próximo 23 de xuño ás 23 horas. Desde a Fundación Francisco Luzón poñen á nosa disposición unha páxina onde ver todos os lugares de España que se iluminarán pola ELA no seu día mundial: Luz por la ELA Nota de prensa - #LuzporlaELA  

Colaboradores