II Ventana Solidaria - Crónica

Artigos Eventos Asociación

Viños, pinchos, sorteos e moita emoción na II Ventana Solidaria organizada por Palexco.

Palexco e Agaela colaboraron ante a necesidade de proporcionar servizos de psicoloxía especializados para persoas con ELA e os seus coidadores principais, na que a recadación final alcanza os 26.500€.

A gala solidaria comezou ás 20:30h co cóctel, onde todas as persoas asistentes poideron abrir o apetito cos marabillosos entrantes. Ás 21:30h, na sala Sotavento os discursos das autoridades e da vicepresidenta da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica - AGAELA, Susi Seoane deron inicio á cea, onde os convidados degustaron os incribles pratos elaborados polos chefs coruñeses.

Foi unha noite máxica e irrepetible que estivo marcada pola solidariedade. Queremos dar mil gracias a toda a xente que asistiu e aqueles que aportaron o seu grao de area dende a mesa 0 para que esta cea de gala se fixese realidade.

Álbum de fotos II Ventana Solidaria

Colaboradores