¡Gracias Ángel Pérez!

Artigos
Ángel Pérez non é un afectado de ELA, tampouco a súa familia pero a muller dun bo amigo seu, foi diagnosticada desta durísima enfermidade o pasado ano. Concienciado da importancia que a visibilidade de esta enfermidade ten, Ángel deciciu tomar unha postura activa para axudar na loita contra a ELA. Contactou con AGAELA e agora publicita a nosa asociación no seu blog "Dos pedales, mil caminos" e luce unha camiseta que leva o lema da loita contra a ELA: "La ELA existe". Ángel puxo no seu blog unha ligazón á páxina web de Agaela, e sempre que pode, luce a camiseta de "La ELA existe" nas fotos que saca cando fai as diferentes rutas. Con este sinxelo xesto, este colaborador contribúe a dar visibilidade aos afectados achegando así o seu grao de area a esta loita polo incremente das investigacións que dean cunha cura contra esta enfermidade. Por iso dende Agaela, queremos darlle as grazas a Ángel pola súa contribución e queremos animar a todos aqueles que teñan unha idea para colaborar coa Asociación a que o fagan. ¿Queres colaborar con nós como fai Ángel Pérez? Envíanos un correo a info@agaela.es e cóntanos a túa idea.

Colaboradores