A solidaridade de Lalín fai realidade un soño: Gala benéfica pola ELA.
Esta fin de semana, Lalín converteuse nun exemplo de compromiso, humanidade e solidaridade. A Gala benéfica pola ELA, celebrada o 13 de decembro, foi moito máis ca un evento: foi un encontro cargado de emoción, unión e esperanza. Grazas á implicación de moitas persoas e entidades, conseguiuse unha recaudación total de 5.758€, que irán destinados íntegramente a apoiar a loita contra a ELA e ás persoas que conviven con esta enfermidade cada día.

Detrás desta gala hai nomes propios que merecen un recoñecemento especial. En primeiro lugar, queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a Alba Iglesias, organizadora do evento, pola súa dedicación incansable, a súa xenerosidade e a súa capacidade para mobilizar a tantas persoas arredor dunha causa tan necesaria. O seu traballo foi clave para que esta gala saíse adiante e para que cada detalle estivese cheo de sentido.
Unha mención moi especial merece tamén todo o seu alumnado: participantes de pilates, hipopresivos, zumba, kung fu, tai chi... persoas de todas as idades, maiores e pequenas, que decidiron sumar o seu tempo, a súa enerxía e o seu talento de forma totalmente desinteresada. Grazas a elas e eles, o escenario encheuse de movemento, vida e emoción, demostrando que a solidaridade tamén se expresa a través do compromiso colectivo.

Queremos agradecer igualmente a todas as persoas que colaboraron adquirindo as nosas camisetas solidarias, convertendo un xesto sinxelo nun apoio directo á causa da ELA. Cada camiseta representa unha mensaxe de apoio, de visibilidade e de acompañamento ás persoas afectadas e ás súas familias.
O noso agradecemento esténdese ao Concello de Lalín, pola súa colaboración, pola súa senbilidade e pola súa aposta por iniciativas solidarias que fan comunidade e fortalecen os valores humanos.
E, por riba de todo, esta gala ten unha protagonista moi especial: Rosa. Persoa afectada de ELA e motor emocional de todo este proxecto. A gala naceu dun soño seu, dun desexo profundo de transformar a dor en esperanza e de unir forzas fronte á enfermidade. Hoxe podemos decir, con emoción, que ese soño se fixo realidade grazas á implicación de todas as persoas e entidades colaboradoras que creron, apoiaron e fixeron posible este eveneto.
Dende a Asociación queremos dar as grazas, de corazón, a cada unha das persoas que participou, colaborou ou estivo presente. O vivido en Lalín lévanos a confirmar que xuntas e xuntos somos más fortes ca ELA, e que a solidaridade segue sendo o mellor camiño para avanzar.

Por ELA, por todxs.




























