Día Mundial da ELA 2022 – Cangas do Morrazo móvese pola ELA

Eventos Asociación

 

O próximo 21 de Xuño conmemórase o Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e, desde AGAELA, organizamos para o domingo anterior, 19 de Xuño de 2022, o evento «Cangas do Morrazo móvese pola ELA».

Neste evento esperamos contar con todos vós, xa que será unha xornada deportivo-festiva, na que poderedes participar andando, correndo ou nadando, co obxectivo de facer máis visible esta enfermidade neurodexenerativa que afecta actualmente a 4.000 españois e recadar fondos para a nosa entidade, destinados a garantir a mellor calidade de vida dos afectados de ELA galegos.

Podes realizar a túa inscrición desde aquí

 

Día Mundial da ELA 2018/2019 - Cangas do Morrazo

Colaboradores