Dando voz á ELA 2020

Asociación

Desde a Fundación Francisco Luzón convocan unha axuda co obxectivo de:  

- Dotar de dispositivos a persoas enfermas de ELA que perderon a fala e a mobilidade e que ademáis non dispoñen dos recursos económicos suficientes para adquirilos un dispositivo de Comunicación Aumentativa e Alternativa. 

Estes dispositivos baséanse nun soporte de recoñecemento e seguimento do iris, unha Tablet con sistema operativo e con acceso a internet, e un sofwtware de linguaxe e comunicación. 

Prazo de solicitude: ata o 13 de outubro (inclusive)

Requisitos: 

  • Ser unha persoa diagnosticada de ELA. 
  • Ter nacionalidade Española ou residencia legal en España. 
  • Ter grande dificultade de mobilidade ou de comunicación co entorno. 
  • Residir nunha Comunidade Autónoma onde o servizo de saúde non ceda dispositivos de comunicación (Aclaración: En Galicia ainda non está activa a cesión de dispositivos por parte do SERGAS polo que todo os usuarios con ELA galegos poden optar)
  • Non dispoñer de recursos económicos suficientes para adquirir o dispositivo. 
  • Aceptar ser dado de alta cmo persoa usuaria de www.elaface.org. 
  • Dispoñer de familiar/coidador que poida apoiar no manexo do dispositivo. 
  • O domicilio deberá contar con conexión a internet no momento da instalación do dispositivo.
Toda a información da convocatoria

Non dubidedes en consultarnos para tramitar a vosa solicitude, é unha grande oportunidade de poder acceder a dispositivos de comunicación completos de maneira gratuita mentres a cesión por parte do SERGAS non se fai efectiva. 

? info@agaela.es 
? 660 53 22 98

Colaboradores