Convocatoria á asamblea xeral de AGAELA

Eventos Asociación
A asociación “AGAELA” convoca a todos os seus socios/as para a celebración da próxima asamblea xeral ordinaria, que terá lugar o vindeiro sábado, día 16 de maio de 2015 na biblioteca do local social da Fundación Hermanos Tenreiro, sito na rúa Solís s/n (Eirís de Arriba), 15009, A Coruña, ás 18:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  • Aprobación de renuncias e baixas na xunta directiva: Margarita Casal Devesa, José Manuel Gantes Díaz e Marta Ramos López.
  • Elección dos novos membros da xunta directiva.
  • Memoria de actividades e estado de contas dos anos 2014 -2015.
  • Rogos e preguntas
Agardámosvos a todos.

Colaboradores