Calendario solidario ConELA - Confederación Española de Entidades de ELA

Asociación

Trátase dunha inicativa única para visibilizar e potenciar a loita contra a ELA. En colaboración coa entidade referente en España, ConELA

Este calendario recolle instantáneas da persoas afectadas de ELA de todas as rexións de España, sendo atendidas en labores cotiás por bombeiros desas áreas xeográficas. A iniciativa busca dar luz sobre a realidade que enfrontan as persoas con ELA e as súas familias, destacando a conexión especial entre os bombeiros e aqueles que loitan contra esta enfermidade debilitante. 

O calendario, dispoñible a cambio dun donativo mínimo de 10€, ten como obxectivo recadar fondos para impulsar a labor de ConELA. A recadación destinarase a apoiar proxectos e investigacións para mellorar a calidade de vida das persoas que viven coa ELA e os seus seres queridos. 

✨ Doazón: 10 € por calendario que se destina integramente a ConELA. A túa contribución axuda a ConELA na súa importante labor.


☎️ Contacta connosco a través da nosa canle de Whatsapp, no teléfono 660 53 22 98 ou no noso email info@agaela.es para solicitar o teu calendario.

Colaboradores