Beneficios da fisioterapia en pacientes de ELA

Artigos Eventos

A ELA é unha enfermidade neurodexenerativa que afecta ás neuronas motoras, o que leva a unha progresiva debilidade muscular, dificultade para falar, tragar e, en etapas avanzadas, problemas respiratorios. 

Neste contexto, as sesións de fisioterapia, tanto manual como respiratoria, son fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas que padecen esta enfermidade. Axuda a manter a funcionalidade física e respiratorio e contribúe ó seu benestar emocional e á súa calidade de vida. 

A medida que a enfermidade avanza, aparecen a rixidez e a perda do rango de movemento. As sesións de fisioterapia manual poden axudar a manter a movilidade e previr contracturas nas articulacións. As técnicas de fisioterapia respiratorio axudan a mellorar a capacidade pulmonar, facilitan a eliminación de secrecións e poden previr infeccións respiratorias. A través de técnicas manuais e exercicios específicos, axudan a aliviar a dor muscular e articular, mellorando así a calidade de vida dos pacientes. 

A interacción coa persoa fisioterapeuta e o progreso na terapia poden mellorar a autoestima e o estado de ánimo do paciente, axudando a afrontar os desafíos qeu presenta a enfermidade. Ademais, as persoas fisioterapeus poden aducar ós pacientes e ás súas familias sobre a enfermidade, as técnicas de coidado persoal e os exercicios que poden realizan no domicilio. 

Porén, o custe económico de todas as sesións necesarias supon un desafío para moitas familias por iso, dende AgaELA, traballamos por crear concicencia sobre esta necesidade e por buscar solucións que garanticen un acceso á atención adecuada. 

Cada sesión é unha inversión en caldiade de vida pero o seu custe pode ser abrumador, por iso o teu apoio pode marcar a diferenza ¡cada pequena aportación supón un gran apoio!

Doa hoxe e convirte a túa solidaridade en calidade de vida para quenes máis a necesitan. 

Colaboradores