Axúdanos a recadar fondos para un Wopatón!

Artigos
O vindeiro 15 de xuño, celébrase a II Regata de patiños de goma na Ría de Bilbao organizada pola Fundación WOP. Desde Agaela queremos colaborar con esta causa enviando un WOPATÓN para o que precisamos mercar 150 wopatiños. Queres axudarnos? Se queres colaborar co teu grao de area para que a investigación en enfermidades neurodexenerativas sexa unha realidade, podes facer o teu donativo a Agaela. Se conseguimos xuntar os cartos para mercar 150 wopatiños, enviaremos un Wopatón de AGAELA coa lenda: A ELA EXISTE para ter representación nesta divertida cita. Anímate e colabora con nós. Podes aportar desde 5 € ata a cantidade que desexes. Aquí che deixamos o enlace para facer a túa donación: Doazón Máis información sobre a Estropatada: Estropatada

Colaboradores