Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria 2020

Asociación

A asociación “AGAELA” convoca a todos os seus socios/as para a celebración da próxima asamblea xeral ordinaria e extraordinaria, que terá lugar o vindeiro sábado, día 25 de xaneiro de 2020 nas instalacións da Hospedería San Martín Pinario de Santiago de Compostela, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Asamblea Xeral Ordinaria:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior 
  • Aprobar o plan de actividades do exercicio 2019
  • Aprobar as contas e balances do exercicio 2019
  • Aprobar o plan de actividades do exercicio 2020
  • Aprobar o presuposto para o exercicio 2020
  • Asamblea Xeral Extraordinaria: 

  • Elección e ratificación de cargos da Xunta Directiva
  • Se algún asociado de AGAELA quere formar parte da Xunta Directiva poderá presentar a súa candidatura previamente á realización da asamblea.

    Agradecemos confirmación de asistencia por calquera dos medios de contacto. 

    Se non pode asistir de maneira presencial e quere asistir de maneira telemática, escriba á dirección de correo electrónico info@agaela.es como máximo o día 12 de Marzo para poder agregalos ao sistema de reunións online Skype.

    Para calquera dúbida ou máis información estamos dispoñibles no correo info@agaela.es ou no teléfono 660 53 22 98.

    Agardámosvos a todos.

    Unha aperta
    Joaquina Martínez Pintos
    Presidenta de Agaela
    www.agaela.es

    UBICACIÓN DO ENCONTRO:


    Colaboradores