Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de AGAELA 2022

Asociación

 

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica - AGAELA, convoca a todos os seus socios/as para a celebración da próxima Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria, que terá lugar o vindeiro sábado, día 12 de marzo de 2022, de maneira telemática, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte

 

ORDE DO DÍA



Asamblea Xeral Ordinaria


1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2. Aprobar o plan de actividades do exercicio 2021
3. Aprobar as contas e balances do exercicio 2021
4. Aprobar o plan de actividades do exercicio 2022
5. Aprobar o presuposto para o exercicio 2022



Asamblea Xeral Extraordinaria


1. Solicitar a declaración de Utilidade Pública da Asociación
2. Outras propostas que xurdisen tras a convocatoria
3. Rogos e preguntas

 

Para poder asistir será necesaria confirmación de asistencia por medio do seguinte formulario online, para poder organizar a reunión virtual: 

Confirmar asistencia

En días previos á realización da Asamblea remitirase o enlace de acceso á mesma por medio de correo electrónico. 

A Asamblea é o lugar perfecto para contar de primeira mán a vosa opinión, non só sobre os temas e xestións da Asociación se non sobre accións, actividades e actuacións que estamos realizando desde AGAELA ou que considerades que é preciso impulsar. 

Para calquera dúbida ou máis información estamos dispoñibles no correo info@agaela.es ou no teléfono 660 53 22 98.

Agardámosvos a todos.

Unha aperta,

Joaquina Martínez Pintos
Presidenta de Agaela
www.agaela.es

Colaboradores