Apoio da Deputación da Coruña para o programa de orientación, apoio e asesoramento a persoas con ELA

Asociación

A Deputación da Coruña condeceu á Asociación Agaela a cantidade de 13.089,29€ para financiar o 80% do programa de orientación, apoio e asesoramento a persoas con ELA, persoas coidadoras e familiares, por medio da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2023.

obxectivo deste programa é mellorala calidade de vida das persoas con  Esclerose Lateral Amiotrófica, residentes na Provincia da Coruña ofrecendo un servizo de orientación, apoio e asesoramento aos usuarios, aos seus coidadores e familiares.

Os obxectivos específicos son:

  • Asesorar sobre as necesidades vinculadas ás diferentes fases da enfermidade e dar acceso aos recursos público/privados dispoñibles. 
  • Manter o mellor grao de autonomía persoal posible e diminuír a dependencia dunha terceira persoa. 
  • Diminuír a sobrecarga do coidador principal. 
  • Dar soporte e apoio aos familiares e coidadores no proceso de evolución da enfermidade. 
  • Garantir a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres con diversidade funcional no acceso a diversos recursos.
  • Garantir a continuidade e seguimento do programa cos adecuados criterios de calidade.

As tarefas a realizar enmarcadas no proxecto son as seguintes:

  • Valoración inicial de necesidades dos usuarios
  • Orientación sobre o proceso da ELA
  • Asesoramento sobre trámites sociais
  • Tramitación de solicitudes de axudas e posta en marcha de recursos
  • Asesoramento sobre o uso e adquisición de produtos de apoio
  • Asesoramento sobre accesibilidade e adaptación do fogar
  • Orientación no uso de dispositivos de apoio para a comunicación
  • Asesoramento sobre hixiene postural e técnicas de conservación da enerxía na realización de mobilizacións e transferencias
  • Apoio psico-emocional e escoita activa para fomentar a descarga do coidador
  • Reavaliación e seguimento individualizado das necesidades

 

Colaboradores