A travesía en Vela para visibilizar a ELA chega á Coruña

Artigos

Co nome de “Tras a ELA en Vela: Desafío Fisterra”, o sábado 26 de maio, comezaba unha travesía en vela desde Bilbao ata o Cabo Fisterra, que ten como obxectivo visibilizar a situación que viven os enfermos de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Iñaki Elorriaga, afectado pola enfermidade de 71 anos, é o promotor da iniciativa, coa que ademais recabaranse fondos a favor da Federación ADELA-Euskal Herria para a loita contra a ELA. Acompáñano na travesía o navegante Unai Basurko e o músico Kepa Junkera.

A chegada a Fisterra foi o 29 de maio, facendo unha escala esa mesma tarde en Muros. A segunda escala será no porto da Coruña o día 6 de xuño, onde os recibirá a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), acompañados do Alcalde da Coruña: Xulio Ferreiro, e da Xefa territorial da Consellería de Sanidade en A Coruña: Cristina Pérez.

O recibimento que AGAELA lles prepara á súa chegada ao porto da Coruña consiste en recibilos ás 10:30 horas no Real Club Náutico, coa presenza das autoridades invitadas. Varias embarcacións sairán ao paso á chegada do veleiro a porto e contaremos con música tradicional galega, da man de Moncho do Orzán. A continuación celebraremos nas instalacións do Real Club Náutico - Marina Real unha roda de prensa na que os protagonistas expoñerán a súa fazaña por mar, para posteriormente rematar escoitando unha charla sobre a ELA, dirixida a alumnos do colexio Liceo la Paz, de mans de Iñaki Elorriaga, afectado por esta enfermidade, que expoñerá de primeira man a realidade da ELA.

[su_button url="https://drive.google.com/file/d/1WgtKSvqmaNp-c0poM7QHulY-zlno3djA/view" target="blank" background="#b72def" size="10" center="yes" radius="round" icon="icon: pencil-square-o"]Máis información[/su_button]

Colaboradores