Subvención FOCVAA 2026 - Deputación da Coruña

Artigos Asociación

AGAELA resultou beneficiaria dunha subvención correspondente ao programa FOCVAA: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2026, impulsado pola Deputación da Coruña a través do Servizo de Acción Social, Educación, Deportes e Mocidade.

A contía concedida, de 15.837,26 €, permitirá dar continuidade ao noso programa estruturado de orientación, apoio, asesoramento, acompañamento e coordinación profesional. Este servizo está dirixido a persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), así como ás súas persoas coidadoras e familiares residentes na provincia da Coruña.

O obxectivo principal deste programa é ofrecer un acompañamento integral, proporcionando información, apoio emocional e coordinación de recursos sociosanitarios que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e do seu contorno.

Grazas a este apoio institucional, poderemos seguir reforzando a atención especializada e o acompañamento continuado, adaptándonos ás necesidades de cada persoa e familia ao longo de todo o proceso.

Desde a nosa asociación queremos expresar o noso agradecemento á Deputación da Coruña por facer posible a continuidade deste servizo esencial.

Colaboradores