Un grupo de ciclistas iniciou un desafío solidario que recorreu 1.121,9km, repartidos en 12 etapas, dende Mollet del Vallés en Barcelona, ata a Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, co obxectivo de recaudar fondos para a investiaación da esclerose lateral amiotrófica (ELA).
Esta viaxe ten una causa profundamente humana: dar visibilidade a una enfermidade devastadora que afecta a miles de persoas en España e no mundo.
Cun diagnóstico que se estima afecta a tres persoas ao día en España, a ELA ainda non conta cun tratamento curativo, e a esperanza de vida de quenes a padecen rara vez supera os cinco anos. A pesar do seu impaco, a investigación sobre a enfermidade segue sendo limitada e, por iso, iniciativas como "Pedaleando por la ELA" resultan esenciais para impulsar o coñecemento e o desenvolvemente de novos tratamentos.
Antonio Tejada, creador desta iniciativa, decidiu transformar a dor persoal en acción solidaria tras vivir de cerca cómo a ELA afecta a dous membros da súa familia. Xunto co Clube Ciclista CC Plana LLadó de Mollet del Vallés, emprendeu esta viaxe o pasado 30 de marzo, coa firme convicción de que a investigación é clave para mellorar a calidade de vida dos pacientes e, con suerte, atopar novas terapias eficaces.
O percorrido finalizou hoxe, venres 11 de abril ás 12:00h na Praza do Obradoiro, onde foron o pelotón de ciclistas foi recibido por Agaela e por membros da corporación municipal de Santiago de Compostela, liderado pola alcaldesa Goretti Sanmartín Rei.
Este acto de benvida simboliza a unidade e o apoio a una causa que vai más alá das fronteiras e que busca sensibilizar a sociedade sobre a importancia de colaborar coa investigación científica.
Todo o recaudado durante o viaxe será doado íntegramente ao equipo de investigación do Hospital Vall d'Hebrón de Barcelona, dirixido polo Dr. Juntas, quen respaldou esta iniciativa en todo momento. "Pedaleando por la ELA" non so é unha iniciativa solidaria, senon un símbolo de esperanza e perseverancia. Cada pedalada representou unha homenaxe a quenes afrontar a ELA e un paso hacia o futuro que todos desexamos: un futuro con más coñecemento, más tratamentos e, por ende, más esperanza para os pacientes.
O Camiño de Santiago, recoñecido mundialmente polo seu simbolismo de esforzo e unidade, é o escenario perfecto para esta causa. Cada kilómetro recorrido foi un recordatorio da forza da comunidad e de como, xuntos, podemos chegar máis lonxe. A historia de "Pedaleando por la ELA" é, ó final, unha historia de loita, solidaridade e esperanza compartida, cun firme propósito: avanzar cara un futuro mellor para quenes sufren esta enfermidade.