Travesía Costa e Agaela unidos por un obxectivo

Eventos

O Circuíto de Travesías Costa asinou un acordo de colaboración con Agaela para favorecer o uso do deporte como instrumento de inclusión e intervención social, ademais de servir como instrumento para colaborar coas campañas de visibilización e recadación da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica - Agaela.

Algunhas das accións que se desenvolveremos conxuntamente serán:

1. Visibilidade con accións na Travesía da Costa Coruña no Día Mundial da ELA

O 21 de xuño celébrase o Día Mundial da loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), unha data promovida polas asociacións de pacientes de todo o mundo para concienciar sobre esta enfermidade, unir esforzos e demandar máis investigación, que é un dos piares fundamentais para aumentar a esperanza de vida das persoas con ELA.

Agaela estará presente na Travesía Costa Coruña o próximo 18 de xuño , do seguinte xeito:

  • Stand informativo e con merchandising de Agaela
  • Actividade de sensibilización "Ponte no meu Lugar"

2. Gorro de Natación Agaela

Este ano, as persoas que o desexen, poderán adquirir o "Gorro de Natación Agaela", co que poderán nadar en calquera das distancias e travesías do circuíto. Será unha forma de apoiar a asociación e os seus fins.

3. Poncho Travesía Costa + Agaela

Para dar visibilidade á enfermidade.

Podedes adquirir o gorro e o poncho na web do circuíto Tenda Travesía Costa

  

 

 

4. Fila 0

En cada unha das probas deportivas, terán unha "fila cero", onde se poderá doar desde 5€. Todas as doazóns realizadas son reducibles fiscalmente polas sociedades no Imposto de Sociedades, e as realizadas por persoas físicas no Imposto sobre a Renda (IRPF), segundo a normativa vixente . O certificado de doazón emítese ao final do exercicio fiscal e envíase ao correo electrónico vinculado ao usuario.


 

Colaboradores