Sudaderas solidarias pola ELA

Artigos Asociación

Onte vivimos unha desas xornadas que nos lembran a importancia da solidariedade e do compromiso colectivo. En Espazo Amizar, tivemos a emoción de recibir da Fundación Naru e da European Business Factory o cheque solidario coa recadación da campaña de sudadeiras benéficas impulsada nos últimos meses.

Grazas a esta fermosa iniciativa, promovida polo alumnado da EBF co apoio da Fundación Naru, conseguiuse transformar a creatividade, o esforzo e a implicación social nun apoio real para as persoas que conviven coa ELA e as súas familias.

Dende o pasado Nadal, a venda de tres modelos exclusivos de sudadeiras 100% solidarias permitiu recadar un total de 1.210,66€, unha achega que será destinada integramente a continuar coa nosa labor de acompañamento, asesoramento e apoio ás persoas afectadas pola ELA en Galicia.

Para AGAELA, este tipo de iniciativas significan moito máis ca unha recadación económica. Son unha mostra de empatía, compromiso social e sensibilización arredor dunha realidade que precisa máis visibilidade, máis apoio e máis recursos.

Queremos agradecer sinceramente á Fundación Naru, á European Business Factory, ao alumnado participante e a todas as persoas que colaboraron adquirindo unha sudadeira solidaria. Cada pequeno xesto suma e contribúe a construír unha sociedade máis humana e comprometida.

Campañas coma esta demostran que, cando a solidariedade e a ilusión camiñan da man, poden conseguirse grandes cousas.

Grazas por facelo posible.

Colaboradores