Onte tivemos a oportunidade de participar nas sesións clínicas organizadas no Centro de Saúde de O Portádego, no concello de Culleredo, nun encontro moi enriquecedor co equipo profesional sanitario.

O obxectivo da sesión foi dar a coñecer o traballo de AGAELA e presentar os servizos de apoio, acompañamento e asesoramento que ofrecemos ás persoas que conviven coa ELA e ás súas familias en Galicia.
Estes espazos de encontro resultan fundamentais para fortalecer a coordinación entre o ámbito sanitario e o asociativo, permitindo que os profesionais coñezan en que situacións podemos colaborar, facilitar recursos e ofrecer apoio integral ás persoas afectadas pola enfermidade.
Agradecemos sinceramente ao Concello de Culleredo pola súa colaboración e disposición para seguir construíndo redes de traballo conxunto que melloren a atención e a calidade de vida das persoas con ELA.
Dende AGAELA seguimos apostando por un modelo de traballo en rede, no que a cooperación entre profesionais, institucións e asociacións é clave para ofrecer unha atención máis humana, próxima e eficaz.
Porque só sumando esforzos podemos avanzar cara a unha mellor resposta ás necesidades das persoas con ELA e das súas familias.




























