Reto Dalecandela

Eventos

Os días 2 e 3 de setembro únete ao #RetoAgaelaGalicia

A asociación Dalecandela organiza un reto deportivo solidario: 24 horas ininterrompidas pedaleando para loitar contra a #ELA na #RíaDeMurosENoia.

O Grupo Ciclista Bermeo, acompañado de deportistas da comarca, percorrerá sen descanso o percorrido entre Noia, Muros, Carnota e O Ézaro, en traxectos de ida e volta, que suman máis de 600 quilómetros en 24 horas.

Os beneficios desta iniciativa irán destinados integramente a Agaela Galicia, para prestar asistencia e recursos ás persoas afectadas por esta enfermidade.

Se ti tamén queres colaborar, podes engadir o teu gran de area a través desta ligazón:

https://www.migranodearena.org/reto/24-horas-pedaleando-por-la-ela

 

 

 

Colaboradores