Partido de baloncesto benéfico pola ELA en Chantada

Artigos Eventos Asociación

Dende AGAELA queremos agradecer profundamente ao Clube Baloncesto Chantada e a todas as persoas que asististes e colaborastes, porque grazas a vós conseguimos recadar un total de 301,80 € destinados a seguir mellorando a calidade de vida das persoas que conviven cada día coa ELA.

Cada entrada, cada aplauso e cada xesto solidario sumaron moito máis ca unha cifra: sumaron esperanza, visibilidade e compromiso. Cada persoa que participou forma xa parte desta loita compartida.

Queremos facer unha mención moi especial a Neurosinais polo seu acompañamento e implicación, así como a Tatiana BP e á súa familia, por regalarnos o seu eterno sorriso, que ilumina e dá sentido e forza a todo o que facemos en AGAELA.

Grazas de corazón a todas as persoas que fixestes posible este evento.

Grazas, Chantada!

 

Colaboradores