Organic Pure Care contra a ELA

Eventos
Organic Pure Care acaba de aceptar a proposta do noso socio, amigo e colaborador Álex Dobao para recadar fondos en favor da loita contra a ELA. A compañía Organic Pure Care ven de por a dispor de Álex unha serie especial de Gift Box con produtos das súas liñas de tratamento:
  • Argán: composto por champú, bálsamo e serum.
  • Aloe: composto por champú, bálsamo e spray hidratante.
Por cada venda, OPC doará o 20% para investigación en tratamentos que frenen ou curen a ELA. Todo o recadado será doado a www.redela.org Álex preséntanos esta iniciativa no seguinte vídeo: https://youtu.be/GwrELQgt-L4 Se queres máis información sobre esta iniciativa, visita a web de Álex Dobao facendo clic aquí.

Colaboradores