O Restaurante Loureiro de Bueu vólcase coa ELA

Artigos Asociación

Dende AGAELA queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Restaurante Loureiro de Bueu pola súa colaboración e compromiso coa nosa causa, ao adquirir as camisetas da nosa asociación para todo o seu equipo.

Unha iniciativa que vai moito máis alá do simbólico, xa que contribúe a dar visibilidade á ELA no día a día, integrando a solidariedade tamén no ámbito laboral e empresarial.

Este tipo de accións, aínda que poidan parecer pequenas, teñen un impacto real e significativo: axudan a sensibilizar á sociedade, a dar a coñecer a realidade das persoas que conviven coa ELA e a reforzar o traballo que realizamos desde a asociación en materia de apoio, acompañamento e visibilización.

Cada camiseta representa empatía, compromiso e vontade de sumar nunha causa que nos necesita a todos e todas.

Para AGAELA é fundamental contar con empresas e entidades que deciden implicarse activamente, demostrando que a responsabilidade social pode formar parte da identidade de cada proxecto, por pequeno ou grande que sexa.

Grazas por vestir compromiso, solidariedade e empatía. Grazas por sumar e por axudarnos a seguir dando voz ás persoas que conviven coa ELA e ás súas familias.

Colaboradores