Moviéndonos por ellos: I Premio Solidariedade Telva 2022 - Fundación San Rafael

Eventos Asociación

 

A Fundación San Rafael presentou o seu proxecto "Moviéndonos por ellosá convocatoria solidaria da revista TELVA, acadando o primeiro premio nacional.

Este proxecto presentado pola Fundación San Rafael a favor dos enfermos galegos de ELA, consiste na creación dun banco de produtos de apoio para mellorar a calidade de vida proporcionando estes recursos.

O premio ascende a 18.000 € que irán destinados íntegramente á compra de camas articuladas, grúas de traslado entre outros produtos.

Este banco xestionarase a través de AGAELA que será quen solicite produtos á Fundación San Rafael para o seu préstamo e unha vez non sexan necesarios nese fogar devolveranse á Fundación onde se esterilizarán coas medidas hixiénico - sanitarias certificadas e volveránse a prestar a quen o precise.

Dende AGAELA estamos moi emocionados e agradecidos á Fundación San Rafael por esta noticia, xa que vai axudar a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios e das súas familias e coidadores.

Esperamos que este proxecto tan necesario se poida poñer en marcha nos próximos meses, manteremosvos informados de todas as novidades!  

Representantes de AGAELA, Fundación San Rafael e Fundación Luzón na entrega dos Premios Telva Soliedariedade 2022 (26/04/2022)

Colaboradores