As tres R: Reutilizando, Reducindo e Reciclando produtos de apoio para persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica

Asociación

A entidade Ence, a través da súa IV Convocatoria del Plan Social Ence Pontevedra 2023, condeceu á Asociación Agaela a cantidade de 5.000€ para financiar o seu proxecto:

 

Las tres R: Reutilizando, Reduciendo y Reciclando productos de apoyo para personas con Esclerosis Lateral Amiotrófica

 

Esta subvención permitirá a Agaela seguir levando a cabo accións e proxectos que inflúan positivamente na calidade de vida das persoas que atendemos.

O banco de produtos de apoio de Agaela é un recurso inestimable para as persoas con ELA e as súas familias, proporcionándolles acceso a unha ampla gama de produtos esenciais no seu día a día. Neste caso, grazas a esta convocatoria poderemos mercar e reparar produtos de apoio vitais, garantindo que aqueles que os necesiten poidan contar con ferramentas e dispositivos que lles faciliten a vida cotiá.

Agaela desexa expresar o seu agradecemento a ENCE polo seu apoio e confianza na nosa misión. Esta subvención non só representa unha inversión en tecnoloxía e produtos de apoio, senón tamén na inclusión e no benestar das persoas con ELA da nosa comunidade.

 

Colaboradores